The three-body problem – Liu Cixin

Título: The three-body problem (2008, 2014 en inglés).
Autor: Liu Cixin

portada (en inglés)

Tocaba cambiar de rexistro. Non son un seareiro da ciencia ficción pero hai meses que tiña este libro na lista para ler, batía nel de forma recurrente debido as boas críticas recibidas así que ahí o metín.

O libro sitúanos inicialmente en China, na época da Revolución Cultural (toma eufemismo!) para presentarnos a algún dos personaxes e o trasfondo político que arrastramos durante toda a novela , e vai ate unha época que podemos considerar contemporánea. Este telón de fondo é criticado polo autor, non de xeito directo, se non a través de personaxes que de un xeito pouco sutil exemplifican o caracter oportunista e pragmático do comunismo chinés. Ven a confirmar os tópicos. Describe non só a violencia e represión política da época da Revolución Cultural, se non tamén a evolución política do país hacia o que coñecemos hoxe en día, unha dictadura comunista hipercapitalista (toma oxímoron!).

O problema dos tres corpos, explicado na wikipedia, é tal que se pretende coñecer as traxectorias, en calquer momento, de tres corpos baixo a influencia da gravidade.

Exposición do problema no libro:

The real solution to the three-body problem is to build a mathematical model so that, given any initial configuration with known vectors, the model can predict all subsequent motion of the three-body system.

E por qué resulta relevante este problema? Porque o intento de atoparlle unha solución matemática ven a ser un dos motores da historia. Quen está vivamente interesado en atoparlle unha solución válese de ferramentas de enxeñería social para atraer as personas que están capacitadas na súa solución e, con miras a un obxetivo maior, sustentar determinadas posicións políticas.

A novela, o autor, posicionase claramente nunha postura crítica con respecto ao nulo respeto polo planeta que mostramos os seres humanos. Obviamos calquer consideración ao respecto cando se trata de cuestións políticas ou económicas, que no fondo, son as mesmas. Varios personaxes teñen un perfil moi marcado ao respecto e incluso se ofrece bibliografía dentro da propia novela.

“This was published in 1962 and was very influential in the West.” Wenjie turned around on the stump to accept the book. Silent Spring, she read on the cover, by Rachel Carson.

Dada esta situación, hai quen ve nun axente exterior o posible remedio a tal desfeita, un medio para un ben superior. Peeeeero…

Scholars found that, contrary to the happy wishes of most people, it was not a good idea for the human race as a whole to make contact with extraterrestrials.

E esto é o máis interesante do libro na miña opinión. Existe certo mito, como o de o bo salvaxe, que outorga a unha civicilización extraterrestre que nos visita (falo hipotéticamente) unha superioridade ética con respecto a nosa. Ademáis, estos visitantes (ou okupas?) terían uns obxetivos e intereses comúns aos nosos. WTF!?

The appearance of extraterrestrial intelligence will force humanity to confront an Other. Before then, humanity as a whole will never have had an external counterpart. The appearance of this Other, or mere knowledge of its existence, will impact our civilization in unpredictable ways.

É dicir, o coñecemento certo da existencia de esos extraterrestres desencadearía unha serie de acontecementos na humanidade de unha envergadura descoñecida, pero que variarían desde a histeria ate o nacemento de novas fes relixiosas.

Non é preciso incluso establecer contacto físico ou comunicarse con esas outras civilizacións, simplemente coñecer da súa existencia propiciaría unha catarse na humanidade. No libro explóranse algunhas de estas vías e as súas consecuencias.

A novela require por parte do lector certo entendemento ou coñecemento de física e matemáticas (ao xeito que na trama se escolle aos participantes no videoxogo da novela, 2) para así poder comprender certas sutilezas e razonamentos que, no fondo, son practicamente artículos de fe para o 99,99% de nos.

“To accomplish something in theoretical physics requires one to have almost religious faith. It’s easy to be led to the abyss.”

Porque xa me dirás. Qué é máis incomprensible? que un ente, trino, crease o mundo en sete días ou que todo o universo coñecido estivese comprimido nun punto de masa infinita? No segundo caso temos as matemáticas para explicalo, para o primeiro a biblia, pero ambas posibilidades resultanme inintelexibles. Precisamente botar luz e propoñer analoxías sobre conceptos abstractos e de difícil descripción é unha das habilidades do autor en esta novela.

Non é preciso ser un matemático para ler a novela, pero si entendes de qué che están a falar pois disfrutarás máis da novela.

Finalmente

“Let’s get back,” Wang said. “There’s so much to do”

Así é. A historia continúa en The dark forest e Death’s end (espérase a tradución ao inglés en 2016). E unha película, por suposto.

Creo que é unha novela moi recomendable tanto pola ambientación exótica e polo seu estilo, pero sobre todo o xeito en qué introduce na trama temas como a ecoloxía, economía política, política educativa, enerxética, os valores que outorgamos a ciencia e a responsabilidade da súa xestión, etc.

Gañadora de un Premio Hugo 2015 a mellor novela

Advertisements

1 thought on “The three-body problem – Liu Cixin”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s