Cambiar tipo de letra en Kindle4

Cambiar o tipo de letra para ler nun Kindle4

Pensaba que no seu momento xa publicara aquí cómo se lle cambiaba o tipo de letra a un kindle3 keyboard (o ereader que tiña antes), pero vexo que non, e igoal só o explicara en este foro. Así que ahí vai cómo se fai para o lector que teño actualmente.

Hai uns meses Amazon actualizou os kindles novos co tipo de letra de seu chamada bookerly. Eu teño un kindle4, xa antiguo para cómo cambian estas cousas, e non recibeu esa actualización.

Tipo de letra Bookerly
Tipo de letra Bookerly

Suponse que é un tipo de letra axeitado para ler textos, así que apetecíame probala.

Pódese utilizar (case) calquer tipo de letra no kindle4 dedicándolle só uns minutos e sen ter que cambiarlle o firmware ou perder a garantía ou algo semellante.

Hai moitos titoriais sobre cómo facelo así que eu simplemente vou a traducir este pois é bastante detallado e claro.

Qué precisamos?

  • ficheiro co tipo de letra a utilizar
    • no pe de este artigo están os ficheiros para Bookerly e Alegreya
    • en google fonts hai moitas para escoller. Lembra poñer o nome co formato axeitado para que o kindle as lea.
  • programa Calibre. Se non o coñeces, estás tardando.
    • a través de Calibre instalarás un engadido que simplifica o proceso de elexir o tipo de letra así como outros parámetros de personalización.

Procedemento

e aquí copio e pego (tradución personal)
i . Prende o kindle e ponte na pantalla de Inicio (moi importante). Agora conecta o kindle a computadora a través do cable USB. É necesario crear unha carpeta chamada fonts no directorio raiz do kindle, ex. Kindle (F:).

ii . Situa os ficheiros TTF do tipo de letra desexado en este directorio (en este exemplo, os catro ficheiros bookerly).
Podes poñer máis de un tipo de letra pero cos catro ficheiros correspondentes a cada un.

Debe haber catro ficheiros para cada tipo de fonte (Regular, Bold, Italic, e BoldItalic) e os nomes teñen que estar escritos con precisión así que ao mellor tes que editar ditos nomes (no ficheiro adxunto xa van co nome correcto). Ao final de cada ficheiro de letra tes que engadir o estilo. Por exemplo, para bookerly

Bookerly-Regular.ttf
Bookerly-Bold.ttf
Bookerly-Italic.ttf
Bookerly-BoldItalic.ttf

Tes que engadir o guión “–” e Regular, Bold, etc.

  1. Instala Calibre se aínda non o tes.

  2. Abre Calibre, pulsa na flecha ao lado de Preferencias e vaite a Avanzada > Engadidos > Obter engadidos
    Calibre é un programa que se actualiza constantemente, polo que a ruta para obter novos engadidos pode ser diferente segundo a versión que teñas instalada.

  3. Busca o engadido Kindle Collections e instálao.

  4. Calibre detectará automáticamente o Kindle (deberíalo ter conectado a computadora) e aparecerá unha icona de Kindle Collections no menú superior (se así o escolleches ao instalar o engadido).

  5. Seleciona Kindle Collections e despóis Modificar comportamento do kindle. É posible que recibas un aviso de que antes debes sincronizar ou actualizar as coleccións (faino).

  6. Abrirase unha ventá onde modificar as preferencias de tipo de letra e disposición en pantalla. O tipo de fonte engadido estará na lista desplegable. Escolles a desexada e marca a caixa que activa esta función e non esquezas Gardar. A veces esquecemos gardar e non quedan rexistrados os cambios.

  7. calibre_engadido_colections

  8. Unha vez se realizan os cambios recibes un aviso de que debes Desconectar e Reiniciar o kindle. Faino. O kindle reiniciase indo a Pantalla de inicio > pulsas menú > preferencias > pulsas menú > Reiniciar. Lévalle un minutiño facelo.

  9. Unha vez reiniciado hai que ir a Menú > Cambiar tamaño letra e ahí escolles “alt” e o tamaño e interliñado desexados.

  10. Se volves atrás e selecionas std, reiniciará o menú ao estado por omisión e deberás utilizar novamente o engadido de Calibre para ter outra vez a fonte personalizada.

Para máis información e resolución de problemas podes ir ao fío de Kindle Collections en Mobilread.

Captura de pantalla

co tipo de letra Bookerly

captura de pantalla do kindle con tipo de letra Bookerly


con Alegreya

captura de pantalla do kindle con tipo de letra Bookerly

En esta captura de pantalla alegreya non luce tanto como no kindle, pero de todas formas queda mellor a bookerly.

Non teño moito problema con esto dos tipos de letra, só fuxo das que son “condensadas“, pero vou cambiando. A veces gusto de algunha máis redondiña, sen serifa, con ela,… E esto é un asunto moi personal asi que hai que ir probando. En este artigo hai unhas cantas tipografías recomendadas para todos os gustos.

Antes de Bookerly viña utilizando Alegreya, que queda moi ben aínda que quizáis é moi fina. E Cantarell, que utilicei no kindle3, resúltame moi agradable.

Descarga: Adxunto tanto o ficheiro de Bookerly como Alegreya para quen queira probalas.

Este procedemento tamén parece ser válido para o Kindle3 según leo, pero non provei.

Sobre tipos de letra, podes ver este artigo onde o autor relata unhas 20 fontes gratuítas de google que lle gustan a el para diferentes propósitos.

Fonte: http://blog.the-ebook-reader.com/2012/01/06/kindle-ereaders-how-to-change-font-type-for-all-ebooks-no-hacks/

Agradezo calquer comentario, aportación ou crítica que che apeteza compartir.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s