Confesiones de un inglés comedor de opio – Thomas de Quincy

Título: Confesiones de un inglés comedor de opio (1822)
Autor: Thomas de Quincey
enter image description here
Trátase dunha breve biografía centrada na relación co opio dun pseudo aristócrata/rentista da Inglaterra de principios do século XIX.

Da web da editorial

La obra refleja la actitud ambivalente del escritor hacia el opio
­cadena inexorable, llave del paraíso­, sustancia que comenzó a
utilizar en 1804 a fin de aliviar unos fuertes dolores y de cuyos
efectos nunca lograría prescindir por completo


Por momentos resulta interesante, para min, porque coñeces usos e costumes de outro tempo nunha das metrópoles coloniais máis recentes (Londres). Pero o estilo co que o autor conta a súa vida como consumidor de opio fíxoseme pesado con tanta subordinada e a necesidade de remarcar continuamente o que quere dicir. A súa forma de escribir resultou un valado moi alto.

Faise tamén bastante espeso recurrindo a metáforas helenísticas demostrando que tivo acceso a unha boa educación. A cada momento consigue enredarse innecesariamente. Quizáis así escribían a principios do XIX en Inglaterra… os autores con falta de talento (ups!)

O que máis me gustou foi coñecer de primeira man as relacións económicas e os roles de varios personaxes que nos presenta. Aproveita tamén o autor para facer certas reflexións filosóficas sobre o sentido da vida, as cousas que realmente importan de este mundo, certo determinismo, pero non fun capaz de entender o que quería dicirme.

Enterarme de cómo se sinte ao consumir opio; cómo derriba certos mitos e apriorismos ao respeto; qué tipo de dependencia tiña con respecto do mismo; qué efectos sobre a mente; qué tipo de soños e a persistencia dos mesmos nos momentos de vixilia… Estos momentos non tiñan interese para min.

Preciso algo lixeiro e tonto que ler.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s