El Cártel – Don Winslow

Título: El cártel (2015)
Autor: Don Winslow
enter image description here
Esta novela de Don Winslow é a continuación da historia que comenzou con El poder del perro.

Describe cómo é o día a día de un Señor da Droga, as dificultades da xestión política, económica, recursos humanos,… Non lles sobra un MBA aos CEOs das empresas de este sector. Quizáis non o teñen oficialmente, pero ou ben teñen unha visión global do negocio ou ben… non duran dous días.

Falar de empresas e negocios é un eufemismo. Aquí está falar do negocio da xestión da violencia para controlar un mercado. A escalada bélica é brutal.

Durante tres cuartas partes da novela preguntábame si este libro era necesario, si Don Winslow necesitaba escribilo ou si lle puxeron un cheque tan grande enrriba da mesa que non puido rechazalo? Plomo ou plata (con perdón). Porque durante esta parte botas de menos toda a sustancia, o trasfondo histórico, que ten El poder del perro. Aquí parece que estás asistindo a un festival da violencia entre as diferentes partes do Cártel para facerse co control da xestión do tráfico de drogas.
O CDG vs. Zetas vs. Sinaloa vs. Federales vs. Exército vs. DEA especiado con un par de asuntos personáis que veñen de atrás. Con un moito de pementa gracias a brutalidade de dita guerra. Se non fose porque a realidade supera a ficción (aquí tamén) pensarías que a Don se lle foi a man sendo tan gráfico nas descricións dos métodos de levar a fin asasinatos e matanzas. Desgracidamente, non esaxera.

Necesitábamos este libro Don?

Afortunadamente nos últimos capítulos da novela ésta mellora considerablemente.

Aprendemos que Cártel hai un, non varios. Tamén que as víctimas son as mesmas en todas as guerras e os que sacan beneficio delas tamén.

Todo o libro está ben escrito e sigues as complicadas relacións políticas e económicas con interese, pero ate o final non ves as contradicións internas dos personaxes, o autor móstra que uns son peores que outros, que ninguén pode presumir de unha conducta libre de contradicións e que se loita con elas a diario. Estos personaxes están situados nunha guerra polo que a relevancia do que deciden é maior a de calquera persona normal, e o precio a pagar polas consecuencias pode ser a vida de quen queres ou a túa propia.

En esta novela o autor introduce tamén o personaxe do periodista (só hai que ver os informes de Amnistía Internacional ao respecto) para utilizalo en primeira persona pero tamén para, a través del , contar historias das víctimas de esta guerra.

A novela, lembremos que é unha novela, resultoume entretida e por veces instructiva, está ben escrita e entra en matices dos protagonistas que nos aproximan a persona máis alá do personaxe. Ves que hai personas, pero que os humanice (a algúns solamente) non quere dicir que os disculpe, xustifique ou siquera proporcione unha posibilidade de redención para eles.

Dito esto, ler El poder del perro é máis que suficiente para saber cómo funciona o comercio de estos productos, da brutalidade con que se manexan e o nivel ao que chega a influencia do cártel da droga na sociedade en que vivimos. E como novela, é bastante máis completa, mellor. Pero esto é só a miña opinión, claro.

Si che resultou interesante a reseña ou se queres engadir algún comentario ou ben a túa opinión, por favor, déixa aquí abaixo a túa mensaxe.

http://elpais.com/tag/los_zetas/a/
http://elpais.com/internacional/2016/01/12/mexico/1452555899_149689.html

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s