With her eyes – Liu Cixin

Titulo: With her eyes
Autor: Liu Cixin

Portada

Liu Cixin mostra en cada un dos seus traballos a preocupación que lle causa o feito de que a humanidade (entendida como entidade de conciencia común) mostra unha falta de respeto e unha desconexión total co entorno no que vive. Si asociamos a humanidade a unha conciencia colectiva entón, o entorno é o planeta que habita.

En este relato breve o autor céntrase no aspecto da desconexión co planeta, como somos cegos ante a marabilla que nos debería abraiar cada día. Facendo un símil, acontece como coa saúde, só nos acordamos dela cando nos falta.

O autor sitúa a un dos personaxes nunha situación inesperada para o lector, cambia a perspectiva e o punto de vista con respecto ao que inicialmente podemos sospeitar nos primeiros párrafos e deste xeito consegue que o illamento que sofre o personaxe sexa aínda máis abafante, claustrofóbico.

Lese con interese e en poucas páxinas consegue expoñer o problema antedito. Liu Cixin creo que adopta un estilo poético, romántico diría, cando trata este tipo de temas. Xa cando lin The Three-body problem tiven esta impresión cando deixaba entrever o seu punto de vista ao respecto.

O relato creo que só está en formato dixital e ocasionalmente incluso de xeito gratuíto, polo que é unha boa opción para coñecer ao autor que tanta fama gañou (merecidamente) nos últimos anos.

Outro título do autor en esta bitácora: The three-body problem

Coñeces a obra de Liu Cixin? Qué che parece cómo utiliza a ciencia ficción para tratar problemas universáis?
Podes deixar aquí abaixo a túa opinión e tamén compartir esta entrada da miña bitácora nas túas redes sociáis utilizando as iconas seguintes.

Gracias pola visita 😉

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s