Hai santos que non queren ir ao ceo – David Conde

Título: Hai santos que non queren ir ao ceo (Parte I: de cans e lobos), 2016
Autor: David Conde

Portada
Portada

De sempre gostei de aprender historia a través das novelas. Xa teño dito nesta bitácora que esto ten riscos tanto para min, lector, como para o autor si este pretende dotar de realismo, e non só verosimilitude, a unha historia.
Non quero, non preciso, ser experto coñecedor de todos os tempos históricos, pero si podo entrar en esos tempos pasados da man dos personaxes a través da porta que me abren as novelas. É dicir, aproveitando a novela constrúo un mapa mental de cómo foron tales acontecementos, qué motivaba a aquela xente, cómo e ónde vivían,etc. Gústame, é asi.

Como digo, esto ten certo risto, pois creas un mundo a medida da túa imaxinación en lugar de cinguirte exclusivamente aos feitos. Pero, qué feitos? quén nos di o que aconteceu, e sobre todo, con qué intención? Historiadores ou narradores posteriores poden ter un ánimo ecuánime, ben que influenciado, pero si recibimos o relato de quen o viveu de primeira man entón, apliquemos o principio de precaución.

Ves o bloque de etiquetas, o de qué vai?, arriba a dereita?. Pois unha novela histórica a min deixame na cabeza unha nube de etiquetas, personaxes, lugares,… que encaixa con outras nubes de outras novelas. Pezas dun crebacabezas que vou xuntando.

En esta novela, porque tal é a forma adoptada, D. Conde trae o relato en primeira persona de cómo tres personaxes viviron os sucesos acontencidos na comarca do Ariege a cabalo dos séculos XIII e XIV. A rexión occitana era terra de cátaros, crentes nunha fe desviada da ortodoxia católica que desafiaba directamente o poder da igrexa católica romana e indirectamente ao poder político que esta sustentaba.

Vue Montaillou.JPG
A vila de Montaillou, fotografía Yann Gwilhoù — Travail personnel, CC BY-SA 3.0

A obra ten de novela o que de personal aportan os personaxes, pois os feitos están documentados en actas do proceso que levou a fin a Inquisición (creada para o episodio precedente a este) co fin de limpar de herexes os seus dominios. É dicir, o autor tomou como base esta documentación extensa e coñecida para novelar. Pero incluso esta parte personal non é totalmente unha invención pois ditas actas conteñen pasaxes onde se relatan as vivencias da vida cotiá, as relacións personales, as de vasallaxe, os usos e costumes entre iguais e cos señores feudais,etc.

A novela está escrita en galego utilizando varios rexistros do idioma para adecuarse ao perfil dos tres personaxes principais (noble, clérigo e pastor). Esto da conta do traballo do autor para en cada ocasión utilizar as palabras correctas, as que mellor acaen ou expresan a idea a desenvolver. O traballo non é pequeno, e nótase un esforzo consciente para buscar sinónimos, expresións populares, formas gramaticáis, etc. que en segundo plano axudan a caracterizar a quen as utiliza. Dotan de contexto igual que o fai a descrición dun lugar. Neste ámbito, no descriptivo, a novela non é abondosa, trata de pintar a entorna natural, a vila e as súas vivendas, o castelo, etc. para que poidamos situarnos, pero non se mergulla en descricións barrocas que poden rematar distraendo (por largas) ou aburrindo (por repetitivas). Pero esto son gustos personáis, así que non o escribo de xeito valorativo.

Tampouco abusa do diálogo entre personaxes, utilizándoo sobre todo como introdución aos relatos que fan dos sucesos vividos; e tamén entre as personaxes de clase social baixa, aproximándoos asi ao lector con esta linguaxe cara a cara.

Creo que se trata de un traballo ben feito, non só por documentarse sobre un período histórico, se non por ser capaz de presentar con personas reáis sucesos que semellan lonxanos e que non nos atinguen. É como ver esa xente que afoga nun plaia tras días ao garete nunha lancha no mar, non sabes? Pois se che contan a súa vida, a de cada un, o que deixan atrás, o que sofriron por chegar a morrer ahí na area, pois igual che da algo máis de “pena”. Na novela están os que morreron na estaca, no lume, espichados, traizoados, maltratados, vexados,… e cóntancho eles.

Promete continuar…

Entrevista ao autor nun xornal

Aquí está o libro en formato dixital Catalogado como ciencia-ficción!! Algo se me escapou a min da historia 😛

Editorial Laiovento (con web renovada, xa era tempo!)

Para facer turismo na zona (si che gusta o ciclismo a metade dos nomes telos que coñecer!)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s