The Dark Forest – Liu Cixin

Título: The dark forest (2008)
Autor: Liu Cixin (blog personal).

Portada
Portada

Tras a gran The three-body problem o autor continúa a novela en The Dark Forest seguindo o fío do argumento en este século e proxectános a dentro de dous séculos.
En estous dous espazos temporáis transcurre esta novela.

Intentarei non descubrir aspectos de esta novela nin da anterior para explicar de qué tratan, pero introduzo algún spoiler aclaratorio. Tamén fago unha tradución libre de algúns nomes e conceptos.

Vai!

Se rematamos The three-body Problem con un bo problema a solventar en 400 anos (aproximadamente), The Dark Forest comeza cos plans que a comunidade internacional pon en funcionamento para afrontalo.

Como todo o que acontece na Terra está sendo vixiado e controlado polos trisolarianos non é doado establecer un plan estratéxico nin futuras tácticas a levar a cabo sen que estas sexan anticipadas polo inimigo. Mais, os trisolarianos teñen un esquema de pensamento lóxico onde as maquinacións e enganos non parecen ter lugar e só poden deducir futuras accións a partir de datos, non tras xulgar as intencións e pensamentos dos humanos.

[spoiler name=”Pequeno Spoiler”]
Teñen toda a información debido ao bloqueo na evolución tecnolóxica e monitorización constante a que os someten os sophons. Como axuda e complemento, os membros da ETO actúan como “tradutores” de estas intencións ocultas e envían esta información a flotilla que se achega.
[/spoiler]

Así nace o proxecto Wallfacer, que consiste en dotar a catro personas de todos os recursos económicos dispoñibles para que conciban e preparen plans estratéxicos cos que enfrontar no futuro aos trisolarianos.

Este plan debe ser só coñecido polo propio Wallfacer e os medios para a súa execución non serán cuestionados, así, non sendo capaces os trisolarianos de acceder a mente do Wallfacer, contaríamos con unha vantaxe competitiva na Batalla Final.

Algúns plans son máis obvios que outros e a novela en esta primeira parte xira entorno a estos catro Wallfacers (o nome fai referencia a unha metáfora coñecida) e aos motivos e a lóxica que utilizan para establecer cada un dos seus plans. Tres de eles poderíamolos considerar ortodoxos, pero un de eles ten unha aproximación ao problema que desconcerta non só ao trisolarianos se non aos propios humanos (e finalmente ao lector).

O autor aproveita novamente, como el The Three-body Problem, para profundizar en temas como as responsabilidades en organizacións militares e políticas, medios de comunicación, economía en tempos de guerra, destrucción da naturaleza, sentido da vida, sentimento de pertenza a humanidade, egoísmo, etc.

The brevity of a human lifespan tormented them as never before, and their hearts soared above the vault of time to join with their descendants and plunge into blood and fire in the icy cold of space, the eventual meeting place for the souls of all soldiers.

Unha vez establecidos os plans, os Wallfacers hibernarán para espertar no plazo establecido a fin de continuar cos preparativos, se fose preciso, ou ben xa Batalla Final.

Peeero…

Sempre hai un pero. E aquí, tras douscentos anos, continúa a historia debido a acontecementos de gran relevancia que fan que o noso Wallfacer-heterodoxo sexa espertado xunto con algún outro protagonista do século XXI.

De un xeito peculiar cobra relevancia a súa estratexia aínda que non de un xeito esperado e adoptando un xiro final sorprendente.

[spoiler name=”Outro pequniño spoiler”] pois moitos anos pasaron e o proxecto Wallfacer caera no esquecemento.[/spoiler]

Primeiro foi tomado a broma o plan do Wallfacer-heterodoxo, que máis ou menos, e non é un grande espoiler, viña sendo como enfeitizar ou botar un meigallo aos trisolarianos. Pero non era tan simple a idea (e aquí estaba o truco de que os plans estivesen só na cabeza do Wallfacer).
[spoiler name=”Spoiler perigoso”]
Eu creo que se o problema era a “comunicación” e “explicarlle ben” as cousas aos trisolarianos (con amenazas!!) pois non facía falta darlle tantas voltas ao asunto, pero ben, non sabían que o meigallo funcionara. Así que teñen disculpa.
[/spoiler]

En esta segunda parte da novela a historia avanza a maior ritmo e aínda que non ten a imaxinación e poder de suxestión de The Three-body Problem, na miña opinión, segue sendo un mundo imaxinado interesante onde o importante na historia son as derivadas do problema principal (que nos liquidan!!), a saber: os problemas éticos, loxísticos, moráis, etc. que debe afrontar a huminidade.

Tradutor (Ken Liu) e Autor (Liu Cixin) en 2015
Tradutor (Ken Liu) e Autor (Liu Cixin) en 2015, foto Keith Stokes

Sen dúbida outro bo traballo do autor e merece ser lida se xa disfrutaches da primeira parte da triloxía. O estilo da escritura do autor a min non me convence en algunha ocasión, quizáis prexuizos, fáiseme un pouco seco e enlatado. Pero vaia, un problema menor.

[spoiler name=”Explicando o título”]
Dark Forest, o Bosque Escuro, é unha metáfora para explicar o Universo, un lugar perigoso, con amenazas ocultas e … cheo de cazadores.
[/spoiler]


Pronto rematarei con Death’s End.


Xa leches algunha de estas novelas?
Qué opinas sobre este xénero? E coñeces algún outro autor chinés? Podes deixar aquí abaixo o teu comentario. Tamén podes compartir este artigo pulsando nas iconas de redes sociáis.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s