La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey – Marie Ann Schafer

Título: La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey (2007)
Autor: Marie Ann Schafer (&Annie Barrows)

imaxe da portada
Portada

TomoyLomo recomendaron esta novela de forma insistente en algunha das súas intervencións en CarneCruda, sempre te invitan a ler, pero había en esta novela un entusiasmo hacia o placer de ler.

Así que meses despóis tocoulle turno a esta pequena novela na que a autora nos conta cómo gracias a ler libros un grupo de xente puido, por unha parte, saír de un apuro durante a Ocupación da illa de Guernsey durante a Segunda Guerra Mundial (WW II); e por outra sentir os efectos que ler tiña nas súas vidas e na de quen os rodean. Sentiron como se lle abrían novas portas, cómo pensaban de xeito diferente e en cousas diferentes, cómo podían analizar e actuar gracias a esas habilidades exercitadas coa lectura.

Non esperes aventuras ni fazañas bélicas da resistencia a Ocupación, se non personas facendo fronte a supervivencia diaria e atopando refuxio na amizade e os libros.

A trama xira en torno a unha autora londinense (Juliet)que xusto tras rematar a WW II recibe unha carta de un lector que leu un libro que foi seu e precisa a súa axuda. De este xeito inocente ten coñecemento da Sociedade literaria, de cómo tomou ese curioso nome, e comeza a cartearse con media illa de Guernsey ate que finalmente acepta a invitación para visitar aos seus novos amigos por correspondencia. Xa non haberá volta atrás.

Ademáis de ensalzar o valor da amizade e o alivio que produce sentirse libre por dentro cando por fora estas a sufrir, a novela aproveita para relatar cómo foron os anos de illamento durante a guerra. Non só pasaron as penurias propias dos tempos de guerra, se non que non tiveron coñecemento do que estaba a acontecer na guerra, polo que tomaban as súas decisións e afrontaban os problemas segundo o seu mellor entendemento para sobrevivir. Tamén aproveita para presentar a illa, e a través dos personaxes presenta lecturas e autores que aportan contido e sentido a trama.

Feitos tráxicos marcaron as súas vidas, e a novela, e así vemos nela aparecer lugares comúns como son o traballo esclavo, a fame e a enfermidade, a violencia sicolóxica e física, o trato co inimigo… en este punto por unha parte a autora intenta mostrar que nesta vida non todo é blanco/negro, se non cheo de grises, e tamén unha diferencia fundamental con respecto ao trato que o réxime nazi outorgaba aos pobos a exterminar, e é o recoñecemento mutuo como personas entre pobos enfrontados e que hai máis cousas que nos unen que que nos separan.

A autora recurre ao humor, ao tono desenfadado e próximo para facer que os personaxes nos resulten simpáticos e empaticemos con eles, queres seguir lendo, resolver esas situacións que te encamiñan a un final previsible pero que non deixan de atraparte en elas.

É unha novela bonita de ler, agradable e totalmente recomendable para pasalo ben.

Xa leches esta novela? Podes comentar qué che pareceu utilizando a caixa de texto de abaixo. Tamén podes compartir esta reseña utilizando as iconas de redes sociáis de aquí abaixo.

Gracias por ler 😉

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s