El pistolero – Stephen King

Título: El pistolero (La Torre Oscura I)
Autor: Stephen King

Portada

Non debín entender nada. Incluso asumindo que se trata do primero libro de unha serie bastante longa, creo que o autor móstrase críptico en exceso antes de establecer o argumento xeral da historia (si é que hai historia que contar) e caracterizar os personaxes. Durante amplos capítulos, a min, parecíanme castelos no aire ate que de súpeto, ao final, pega un acelerón na historia para (aparentemente) dar a chave e introducir o seguinte libro.

Tamén ao final describe a “cosmoloxía” suposta de este mundo (o da novela) e quizáis permita intuír o que intenta transmitir o autor, pero ao longo de esta primeira novela vai deixando caer de forma deslabazada pequenos fragmentos inconexos que dificultan (a min) aprender esta situación xeral das cousas. Preséntasenos tamén a Torre Oscura de forma difusa, como unha entelequia que por algunha razón que aínda descoñezo, debe alcanzar o Pistolero.

O personaxe Jake, un personaxe central na historia, é un rapaz de outro tempo que comparte camiño co Pistoleiro. Non entendín qué representa. Pois digo eu que é unha metáfora, un medio para enviar unha mensaxe ao lector, pois o que é aportar algo ao argumento… nada. Suponse que hai unha conexión emocional co protagonista, pero é unha conexión que sae da nada, semella un vínculo artificioso entre dous mundos que lle da certas chaves ao Pistolero, pero son unhas chaves que probablemente atoparemos que encaixan en novelas posteriores pois aquí eu creo que son demasiado vagas e inconexas.

É bastante improbable que siga lendo esta serie, a sensación que tiven é que o autor conta con que sigamos lendo e non se molestou en facer que esta novela teña entidade por si mesma.

Pero xa digo que é probable que eu non empatizase desde un inicio con este traballo e acabase por non entender nada.

Copiado da web do autor:

The Dark Tower series tells the story of Roland Deschain, Mid-World’s last gunslinger, who is traveling southeast across Mid-World’s post-apocalyptic landscape, searching for the powerful but elusive magical edifice known as The Dark Tower. Located in the fey region of End-World, amid a sea of singing red roses, the Dark Tower is the nexus point of the time-space continuum. It is the heart of all worlds, but it is also under threat. Someone, or something, is using the evil technology of the Great Old Ones to destroy it.

In Roland’s where and when, the world has already begun to move on. Time and direction are in drift, and the fabric of reality is fraying. However, things are about to get much worse. The six invisible magnetic Beams, which maintain the alignment of time, space, size, and dimension, are weakening. Because of this, the Tower itself is foundering. Unless Roland can find a way to save the Beams and stabilize the Tower, all of reality will blink out of existence.

Inspired in equal parts by Robert Browning’s poem, “Childe Roland to the Dark Tower Came,” J.R.R. Tolkien’s Lord of the Rings, and Sergio Leone’s spaghetti Western classics, The Dark Tower series is an epic of Arthurian proportions. It is Stephen King’s magnum opus, and is the center of his amazing creative universe.

will I continue reading? unlikely

The six invisible magnetic Beams, which maintain the alignment of time, space, size, and dimension, are weakening. Because of this, the Tower itself is foundering. Unless Roland can find a way to save the Beams and stabilize the Tower, all of reality will blink out of existence.

de este párrafo da propaganda na web non hai nada en esta primeira entrega. Aquí vese que o autor pon o cebo para que consideres a serie como un único traballo e eu creo que, si vas a facer un traballo tan extenso, a primeira entrega debe ser moito máis explícita, xa terás tempo e capítulos máis tarde para meter as metáforas argumentais que consideres oportunas.

Twitter do autor

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s