Matrix como Nube personal

What’s (The) Matrix?

logo matrix
https://matrix.org/docs/guides/faq.html#what-is-matrix

Matrix is an open standard for interoperable, decentralised, real-time communication over IP. It can be used to power Instant Messaging, VoIP/WebRTC signalling, Internet of Things communication – or anywhere you need a standard HTTP API for publishing and subscribing to data whilst tracking the conversation history.

Traducido: Un protocolo de comunicacións sobre redes ip.

Qué implica esto para o usuario?

The aim is to provide an analogous ecosystem to email – one where you can communicate with pretty much anyone, without caring what app or server they are using, using whichever app & server you chose to use, and use a neutral identity system like an e-mail address or phone number to discover people to talk to.

Permite montar sistemas de comunicacións que non te limitan a un proveedor, a un aplicativo, a un sistema operativo, etc. sendo un servizo descentralizado e federado. Resumido: algo similar ao correo electrónico (email) pero para mensaxería instantánea, chamadas ip, video chamadas, salas de conferencias, salas de conversa,… e todo o que se vaia engadindo.

What’s the cloud?

A nube é o ordenador de outra persona. Un exemplo.

A nube en matrix

Este artigo pretende presentar matrix como alternativa de mensaxería instantánea porque é o tipo de uso que lle da unha usuaria normal, pero o sistema é tan escalable e potente que está a ser utilizado en múltiples escenarios corporativos, equipos de traballo, grupos de programadores, etc. A web do cliente Riot mostra múltiples escenarios de uso.

No meu móbil teño instalados varios aplicativos de mensaxería instantánea e entre eles está Telegram. Éste non é obxeto do artigo, pero unha das características de Telegram é que podes utilizalo como almacén personal enviándote a ti mismo (ao teu contacto) mensaxes, ficheiros, notas de voz ou vídeo, a lista da compra, ligazóns a webs, … todo o que admite. Esta información súbese ao servidor, a nube, para estar dispoñible en todos os teus dispositivos conectados onde tes un cliente de Telegram.

Esto é moi útil para tomar notas ou para enviar ao blog unhas capturas de pantalla 😛 , pero esta información está no servidor de Telegram sin cifrar. Lembra: o servidor de Telegram é o ordenador de outra persona.

En matrix, utilizando por exemplo o cliente riot, podes abrir unha sala de conversa contigo mismo, cifrala, e esta información só estará dispoñible para ti en todos os teus dispositivos autorizados.

Truco: Si envías ficheiros cifrados a sala e posteriormente inicias sesión en dispositivos non autorizados, deberás importar as chaves de cifrado da sala para poder acceder a eles. As chaves son un ficheiro de texto (cifrado) que podes exportar/importar en un momento.

O meu uso é fundamentalmente para notas de texto, ligazóns, capturas de pantalla ou algunhas imaxes. Ademáis de que vou borrando o que xa non me interesa, todo esto ocupa moi pouco espazo no servidor pero non sei si hai un límite de tamaño (máis aló do indicado na configuración da sala) dos ficheiros que podes gardar.

Espero que sexa de utilidade 😉

Qué outros usos lle das a matrix? Pódelo poñer aquí abaixo na caixa de comentarios.

Este é o meu identificador na rede @XoseM:matrix.org. Este é o identificador lexible por humanos, as identidades en matrix están xestionadas en servidores independentes do servizo (separadas) e as identidades poden incluír enderezos de correo electrónico e números de móbil (en plural ambos), así si alguén realiza unha busca no servidor de identidades pode atoparte si ten o teu número privado, si ten o enderezo de correo da empresa, si ten o identificador xmpp, etc.

Advertisements

Unha opinión sobre “Matrix como Nube personal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s