Matrix: sala RSS en Riot

Utilizar Riot [matrix] como notificador de fontes RSS.

RSS: formato de publicación de novas. https://gl.wikipedia.org/wiki/RSS
Riot: cliente para a rede matrix

Riot é fundamentalmente un cliente para o sistema de comunicación sobre rede descentralizada e federada matrix. Porén, matrix está deseñado para poder soportar moitas máis cousas que conversas de texto, chamadas VoIP, videochamadas un-a-un, salas de conferencia por vídeo,… e tamén permite traer contidos e interactuar con outras redes a través de Apps, Bots & Bridges.

Así como nun artigo anterior mostraba cómo utilizo Riot como caderno de notas e almacén personal, hoxe traigo

Cómo crear unha sala onde un bot notifica as novas entradas das túas fontes RSS favoritas

As seguintes capturas de pantalla están feitas no cliente web de Riot,polo que o aspecto e disposición dos elementos pode variar, aínda desde dispositivos móbiles o procedemento é o mismo.

Creamos unha nova sala pulsando na icona “+” de abaixo a esquerda no cliente, e dámoslle un nome descriptivo no cadro que se abre.

Riot, crear sala

Seremos redirixidos directamente a nova sala onde se nos informa de que foi creada e que somos (a usuaria) o único membro.

nova sala
xa temos unha sala, onde só está a usuaria que a creou

Como vemos na captura superior, si deixamos o historial lexible e convidamos a outras usuarias a unirse a sala, estas poderán aproveitar o contido que se vaia engadindo, polo que pode resultar útil para distribuir contidos a grupos de personas.

Pulsando no mosaico de cadradiños da esquina superior dereita da sala accedemos a Xestión de Integracións.

integracións
Posibles elementos a integrar

Engadimos o Bot RSS, e preséntasenos a súa configuración.

No cadro de texto engadimos a URL da fonte e pulsamos en suscribir.

Abaixo no cadro imos vendo as fontes suscritas. Posteriormente poderemos acceder a este mesmo cadro pulsando en Xestión de integracións para poder engadir ou eliminar fontes.

Ao pechar vemos que o Bot uniuse a sala

e a dereita vemos o listado de membros da sala

Segundo as fontes vaian publicando seremos notificados a xeito de conversa.

feeds
entradas dos feeds

Si utilizas Riot (ou outro cliente) en dispositivos móbiles ten en conta o número de fontes que engades e cómo tes configuradas as notificacións da sala e o dispositivo, porque podería ser peor que os grupos de wasap 😂

O bot non fala 😀 , pero si hai máis membros na sala estos poden manter unha conversa (chat) de xeito normal sobre calquer elemento, poden compartilo con outras salas ou a través do móbil ou ordenador compartilo en outros aplicativos.

Vemos que Riot e matrix son algo máis que un sistema de conversa en liña.

p.d.: hai uns días probei o sistema de videoconferencia nun entorno de producción e foi unha experiencia satisfactoria (había certas limitacións co hardware).

Qué che parece? Probaches algunha das outras integracións?
Podes compartir esta entrada e tamén comentar no cadro de máis abaixo 😉

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s