The Force – Don Winslow

Título: The Force (2017)
Autor: Don Winslow. Sitio webWikipedia

The Force, Don Winslow. Cover.
Portada. Imaxe goodreads

Unha “novela de policías” en New York. Dito así ate é posible que teñas prexuizos sobre este tipo de novelas. Poli bo, poli malo, triángulo amoroso, que dura es la calle, etc. Algún tópico cae, pero quizáis porque responde máis a realidade que a un falso estereotipo.

Danny Malone é o rei nas rúas desde o Manhatthan North Task Force (Da Force), o grupo multidisciplinar específicamente creado para o narcotráfico, tráfico de armas, violencia entre bandas, etc. Todas caras do mesmo problema.

Malone fíxose policía coma outros se fan alfareiros: por tradición familiar. Seu pai policía no NYPD, seu irmán bombeiro (morto no 9/11), é fillo tamén da tradición dentro do corpo de policía. A tradición ensínache pronto a sobrevivir e tamén a tirar proveito das circunstancias si non eres moi escrupuloso.
Debes facer un constructo mental, convencerte a ti mesmo de que fas o correcto por un ben superior e entón podes manter a orde grazas a ser unha engranaxe dentro do sistema: fas circular sobres máis ou menos abultados hacia arriba e repartes favores hacia abaixo. Si eres intelixente, como Malone, aprendes que todo é unha mentira e que eres igual de avarento, presuntuoso, egoista e filloputa que os malos que estás a deter e matar.

Pero Malone síntese, con razón, o rei da rúa e como tal comeza a administrar xustiza, síntese intocable. Primeiro erro.

Non o é, un pequeno erro desemboca nunha cadea de acontecementos, nunha espiral destructiva a nivel personal e profesional que o autor vai fiando con maestría, nunha presión crecente que te atrapa na lectura.

En esta novela non hai bos, son todos malos

E polo tanto si en algún momento empatizas con algún personaxe é porque en ese momento se está a relacionar con alguén aínda peor.

A novela semella encamiñarse hacia algún tipo de redención dos personaxes, pero eu non diría tal, paréceme máis apropiado dicir que non lles queda outra, pois ninguén renega do roubado ou das prebendas conseguidas ate que llas quitan.

Temas

Corrupción policial
Historia da policía en nova iorque, que deriva en conflictos éticos (ou non)
Historia contemporánea da cidade, idiosincrasia da xeografía urbana, cultura popular, …
Discriminación e persecución racial. Os negros están machados polas drogas, a violencia e a policía (#BlackLivesMatter).

Tráfico de drogas (o motor)
Manexos políticos e ligazón entre políticos e delincuetes para velar por intereses comúns, atopando sinerxias entre os seus ámbitos de poder.
Conflictos de relacións personais, relacións destructivas, relacións por interese (económico).
Peso da historia familiar
Lealtades adquiridas e traizoadas xunto a compromisos entre conveniencia e respeto pola lei.

Todos estos temas son expostos de forma máis ou menos explícita pero o autor quere destacar, na miña opinión, que todo forma parte da mesma engranaxe de corrupción (como se ve en outras novelas súas) e tamén pon énfase nos asasinatos de persoas negras a mans da policía polo mero feito de ser negras. Este último é un tema recurrente na novela, e polo que se ve sempre de actualidade na sociedade de EEUU: a violencia policial contra minorías étnicas (non blancas) e especial contra os negros. É raro o ano en que a policía non acribilla a balazos a alguén (negro) sin motivación xustificada.

É unha novela moi recomendable, con un gran traballo de edición (no que eu entendo) e que está obtendo un merecido recoñecemento.

Vai haber película.

Sinopse

http://don-winslow.com/books/the-force/

The acclaimed, award-winning, bestselling author of The Cartel—voted one of the Best Books of the Year by more than sixty publications, including the New York Times—makes his William Morrow debut with a cinematic epic as explosive, powerful, and unforgettable as Mystic River and The Wire.

Our ends know our beginnings, but the reverse isn’t true . . .

All Denny Malone wants is to be a good cop.

He is “the King of Manhattan North,” a, highly decorated NYPD detective sergeant and the real leader of “Da Force.” Malone and his crew are the smartest, the toughest, the quickest, the bravest, and the baddest, an elite special unit given unrestricted authority to wage war on gangs, drugs and guns. Every day and every night for the eighteen years he’s spent on the Job, Malone has served on the front lines, witnessing the hurt, the dead, the victims, the perps. He’s done whatever it takes to serve and protect in a city built by ambition and corruption, where no one is clean—including Malone himself.

What only a few know is that Denny Malone is dirty: he and his partners have stolen millions of dollars in drugs and cash in the wake of the biggest heroin bust in the city’s history. Now Malone is caught in a trap and being squeezed by the Feds, and he must walk the thin line between betraying his brothers and partners, the Job, his family, and the woman he loves, trying to survive, body and soul, while the city teeters on the brink of a racial conflagration that could destroy them all.

Based on years of research inside the NYPD, this is the great cop novel of our time and a book only Don Winslow could write: a haunting and heartbreaking story of greed and violence, inequality and race, crime and injustice, retribution and redemption that reveals the seemingly insurmountable tensions between the police and the diverse citizens they serve. A searing portrait of a city and a courageous, heroic, and deeply flawed man who stands at the edge of its abyss, The Force is a masterpiece of urban living full of shocking and surprising twists, leavened by flashes of dark humor, a morally complex and utterly riveting dissection of modern American society and the controversial issues confronting and dividing us today.

Anteriormente, e de este autor lin
El poder del perro https://xmgz.wordpress.com/2015/12/17/el-poder-del-perro-don-winslow/ (tremenda!)
El Cártel https://xmgz.wordpress.com/2016/03/07/el-cartel-don-winslow/

Que eu sepa aínda non hai tradución ao galego (nin ao español), pero seguro que a traducen (ao español) a non moito tardar.

Qué che parece o traballo de este autor? Xa liches algunha das súas novelas?
Podes comentar ou deixar a túa opinión no cadro inferior así como compartir esta reseña utilizando as ligazóns a redes sociais de mentira (as de internet) que están xusto aquí.

Grazas por ler!!

Tamén podes compartir este artigo no #fediverso ou na #federación pulsando en esta ligazón.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.