Los búfalos de Broken Heart – Dan O’Brien

Título: Los búfalos de Broken Heart (Buffalo for the Broken Heart: restoring life to a Black Hills ranch). 2016, erratanaturae
Autor: Dan O’Brien

portada libro
Portada edición en español de españa

Este libro trata sobre o respeto.

Primeiramente respetándose a un mismo, a ser consecuente coas propias ideas pero tamén botánlle valor e dar o paso, enorme, que vai de teorizar ate a poñer as ideas en práctica.

Dan podía gañar a vida de xeito decente, dando clases, como escritor, pero non era tan decente como o seu espíritu lle reclamaba. Claro que o autor exprésao mellor, dándolle voltas ao asunto, un come-come interno, pero é o que ven a dicir.
Así, sentía que tiña que traballar por aquelo que realmente consideraba que daba sentido a súa vida e que se pode resumir en devolver as grandes pradeiras do norte de américa a vida que lle foi arrebatada no último século e medio. Dito así, impersonalizado, é hipócrita. Foi devastada por decenios de colonización a través de plans agrícolas sin sentido que primeiramente eliminaron os bisontes e outros animais. Posteriormente dedicáronse a destruir a terra. Con técnicas agrícolas e sementes que non estaban, nin están, preparadas para o clima local perdeuse un ecosistema de millenios en só uns decenios, provocando a pérdida de hábitats e especies que evolucionaran en paralelo ate que chegou o elemento disruptivo: nos, a nosa cultura occidental, e máis concretamente, o capitalismo.
A agricultura industrial só existe en esa rexión grazas aos subsidios do goberno que manteñen a fantasía (esto si que o describe así o autor) do gran oeste americano e os pioneiros. Na rexión asentouse unha población que, finalmente, tamén sufre as consecuencias da precariedade económica, a constante acumulación de débedas e finalmente a depresión. Para facer sitio tamén se recurriu ao xenocidio, pero eso daría para largo.

E respeto pola natureza

En sentido amplo incluiría o respeto por un mismo, porque comprende as personas como parte do mismo ente, un camiño compartido con regras establecidas, con comprensión mútua e acatamento dos ciclos da vida, da inevitabilidade da morte, de asunción da temporalidade da existencia e que hai que deixar algo atrás do que poidan vivir os que veñen, e non arrasar con todo como si non houbese mañán. Falamos outra vez do capitalismo, do suposto crecemento infinito e sostible da economía, da acumulación de capital (recursos) polo mero feito de acumulalo? Un sinsentido.

bisontes pacendo na pradeira con motañas raras ao fondo
Bisontes (Búfalos, en EEUU) Imaxe de cdn.shopify.com

O autor conta, en primeira persona, as dificultades e problemas que tivo que ir superando, con momentos de flaqueza e debilidade, con problemas de relacións personais, situacións económicas desesperadas, etc. na procura de cumplir cos seus anhelos na vida.

Intercalados, hai pasaxes dedicados a descrición xeográfica e da fauna autóctona, describe con meticulosidade cómo era e cómo sigue sendo en algúns recunchos a vida salvaxe ancestral e cómo esta estaba imbricada na cultura das poucas personas que eran capaces de vivir alí. Describe tamén as dificultades históricas, polo irracional da política, que tiveron que soportar e soportan quen pretende vivir alí en contra da natureza.

Da reseña na editorial

[…]Dan O’Brien trató de encontrar una forma de ganarse la vida en ese lugar bello e inhóspito. Pero pronto descubrió que las Grandes Llanuras no eran lo que de niño se figuraba: tras la aniquilación de los sesenta millones de búfalos que las poblaban y garantizaban su ecosistema, toda su riqueza natural fue devastada por el empuje capitalista. Entonces Dan O’Brien imaginó lo imposible: recuperar el entorno original e indómito que existió un día en esas vastas tierras, trayendo de vuelta a los búfalos. Y así, de paso, recobrar una forma de vida noble y salvaje para esos animales prácticamente extinguidos y también para él mismo.[…]

Si che resultou interesante podes compartir esta reseña utilizando os botóns que están aquí abaixo. Tamén, si desexas engadir algún comentario ou comentar calquer aspecto do mismo, pódelo facer no cadro de texto inferior.

Grazas por ler ate aquí!! 😉

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.