quit.im como alternativa (?) a Instagram

Hai meses que teño Instragram (como Facebook) bloqueado no /etc/hosts pero polo que lembro ter visto semella un lugar no que a xente poñía unha foto e quen a vía comentaba (por dicilo suavemente).

Máis ou menos é o que se fai en quit.im, pero con algunhas particularidades que che conto.

quit.im

Quit.im é unha instancia de gnusocial administrada por @hannes caracterizada por utilizar un deseño orientado a publicación de fotografías.

interface de quit im
Interface de quit.im

Que sexa unha instancia de gnusocial significa que os seus contidos entán dispoñibles para todo o #fediverso e por tanto non precisas ter unha conta creada en quit.im para ver o que determinada persona publica, pódelo facer desde calquer conta que teñas en calquer outra instancia coa que federe.

As usuarias publican algún selfie, medio disfrazados ou con gafas de sol, pero sobre todo parecen compartir experiencias que non están centradas en elas, as protagonistas non semellan ser elas como usuarias se non que parecen querer compartir a beleza de unha paisaxe, a metáfora da alegría de compartir a cea coas amigas a través da foto dos platos na mesa, cánto lle queren ao can, … pero a min chámame a atención a abundancia de arte costumbrista, de escenas do día a día que reflexan unha situación ou evocan o que sentía a fotógrafa en ese momento máis que a escena ou o obxeto en si mismo. A vaidade é escasa en quit.im (ou eso me parece mirando a liña temporal local).

foto do cocido, co touciño, garbanzos, repolo, ...
Cocido

Quizáis son usuarias máis conscientes da súa intimidade ou menos centradas en promocionarse a si mismas.

Ate aquí o que tiña previsto publicar, mais resulta que @dansup está traballando en outra alternativa co mismo obxetivo
https://mastodon.social/@dansup/99877423794532057

imaxe na que se ve o aspecto do proxecto de dansup
mockup publicado por dansup

Actualizarei o artigo cando nas próximas semanas se publique o decorado novo para quen queira que a súa instancia se pareza a instagram.

Aquí a galería de fotos que teño publicadas en quit.im

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.