O Pindo, do mar ao monte.

Trail Encontro Monte Pindo

Aviso: Tranquila! esto NON é unha crónica dunha carreira 😉

monte pindo e plaia de carnota
fai click na imaxe do Monte Pindo e Plaia de Carnota, imaxe de carnota.gal

A razón de este artigo é presentar unha das zonas de costa máis reseñables de Galiza. Calquer excusa é boa para esto, pero aproveito que participei no IV Encontro Trail Monte Pindo, na localidade de O Pindo, concello de Carnota. Resalto a palabra Encontro porque para a maioría das persoas que participamos trátase de unha kedada, unha posta en común nun lugar concreto onde compartimos o ben que o pasamos correndo en este tipo de lugares.
previa a saída
momentos antes da saída da carreira do Encontro

de Carnota a Fisterra

Esta é a vista que se ten, mirando ao oeste, desde aquí arriba (Pena Moa) no Monte Pindo.

panorámica desde pena moa
Panorámica desde Pena Moa

Apunteime ao Encontro para estar aquí arriba. Punto. Non sei cantas veces estiven jindado na plaia de Carnota e mirando para alí arriba dicía “teño que subir alí si ou si” 😀
A foto non fai xustiza ao desnivel que hai, esa sensación de verticalidade, incluso sentín algo de vertixe mirando hacia abaixo. Ainda que esto é normal tras varias horas mirando só a tres metros diante túa 😛

O concello de Carnota propón varios roteiros de baixa dificultade para coñecer a contorna paisaxística e cultural, pero hai tamén roteiro sinalizado para subir a Pena Moa [1] [2] . A dificultade a nivel físico e técnico é importante, así que mira ben si estás capacitada antes de meterte 😉

Fisterra arriba a esquerda, lugar de fin do Camiño, peregrinaxe ao fin de todo. Só hai que ver as caras das persoas que pasaron días e semanas andando polo Camiño de Santiago cando están alí, sentadas xunto ao faro, mirando ao oeste no solpor, velos presentes pero non costa percibir que non están alí, están cada un coa cabeciña nas súas miserias, nos seus problemas, no que os fixo chegar alí, no que virá mañán simbolizado nese sol que se agocha tralo mar.

A ría de Cee/Corcubión no plano medio a dereita e xa abaixo temos O Ézaro, lugar de peregrinaxe ciclista coa súa famosa fervenza e pertencente ao concello de Dumbría.

Abaixo a esquerda, xunto a esa plaia, está a vila de O Pindo, o lugar de concentración/saída/meta do IV Encontro Trail Monte Pindo.

moi ao fondo, Fisterra, pero pasamos por esa pequena península e a plaia antes de empezar a subir.
porto
o porto de O Pindo, cando chegamos cedo na mañán.

Mirando ao Sur, Carnota

plaia de carnota
Plaia e vila de Carnota, a media subida

Unha das formacións rochosas que máis destacan durante o roteiro

rochas e plaia
formación rochosa fácilmente identificable desde a plaia

Aproveito esta imaxe, onde se ven os pinos chamuscados no famoso incendio que arrasou o Monte Pindo en 2013[1][2][3]. Como consecuencia naceu a Asociación Monte Pindo, plataforma que ten como obxetivo obter protección xurídica en forma de Parque Natural para o ecosistema do Monte Pindo.

pena moa
A Pena Moa, vista desde un cortalumes que está xusto en fronte no roteiro seguido. O nome de “Moa” é moi descritivo e axeitado.

Outra vista desde o roteiro

pena moa
Monte Pindo, cumio Pena Moa visto desde o roteiro da carreira.

Trailrunning

Si, tamén corremos un pouco

recorrido no mapa
o recorrido do IV Encontro Monte Pindo

Ate o quilómetro 10,5 compartimos camiño coas persoas que correron o trail “curto”

A baixada final, desde a Pena Moa, é moi técnica polo desnivel de algúns lugares pero sobre todo polo tipo de pedras e os continuos saltos que debes dar. Cando xa estás cansado esos apoios non son da misma calidade e o risco de poñer o pe onde non debes é moi superior comparado con facer esa baixada estando fresco e forte. O caso é non levar un golpe.

perfil da actividade
Perfil da actividade

Actividade en Strava https://www.strava.com/activities/1720179972
foto resumo datos actividade
os datos, os pes, as zapatillas VFF

É xusto agradecer o traballo realizado pola organización ACDRPedramar e as persoas e entidades que colaboraron para sacar adiante este Encontro que tanto desfrutamos. O marcado do roteiro foi perfecto, os avituallamentos nos lugares indicados, persoal voluntario e de policía local/protección civil nos cruces perigosos, información detallada dos servizos, etc.

Para outra ocasión queda desfrutar do paseo en barco pola ría que organización do Encontro nos propuxo para a tarde.

Web oficial: http://encontropindo.galitiming.com/ Pero realmente actualizan as novas e publican no facebook, pero #fuckofffacebook.
O IV Encontro en Correr en Galicia
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=20513&postdays=0&postorder=asc&start=0

Fontes

Asociación Monte Pindo http://www.montepindo.gal/
Concello http://www.carnota.gal/
Turismo http://www.carnota.gal/oficina-de-turismo/
Olimpo Celta“, un pouco de fantasía http://sueiro.obolog.es/olimpo-celta-o-pindo-2351481
Na wikipedia https://gl.wikipedia.org/wiki/Monte_Pindo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.