esto co teu ordenador non pasa – Dropbox mess

… pero co de outra persoa si pasa.

Ola!

A “nube” é o ordenador de outra persoa.

Si utilizas un ordenador con algunha distribución gnu/linux e o cliente de escritorio que sincroniza os teus ficheiros co ordenador da empresa Dropbox probablemente vises o aviso que di que o 7 de Novembro (2018) deixará de poder utilizarse ese servizo na maioría das instalacións actuais.

A que mola!

Esta é a amable resposta no foro de usuarias de dropbox

https://www.dropboxforum.com/t5/Syncing-and-uploads/Linux-Dropbox-client-warn-me-that-it-ll-stop-syncing-in-Nov-why/m-p/290058#M42250

Hi everyone, on Nov. 7, 2018, we’re ending support for Dropbox syncing to drives with certain uncommon file systems. The supported file systems are NTFS for Windows, HFS+ or APFS for Mac, and Ext4 for Linux.

We’ve updated our desktop requirements accordingly here.

A supported file system is required as Dropbox relies on extended attributes (X-attrs) to identify files in the Dropbox folder and keep them in sync. We will keep supporting only the most common file systems that support X-attrs, so we can ensure stability and a consistent experience.

If you received a notification, but are running one of the supported file systems, it’s possible that you may have recently had a computer linked that was running an unsupported file system but have been since upgraded, or that computer is no longer being used.

Hope this helps to clarify matters!

Están a recibir bonitos comentarios por todo este asunto. Xa non polas dificultades ou requerimentos técnicos para utilizar o seu servizo, se non por qué precisan ter acceso aos teus datos de xeito transparente para eles. Unha cousa é cifrar o tráfico co servidor (qué menos!) e outra moi diferente que poida ter acceso en claro aos teus documentos e metadatos.

Un xeito de seguir utilizando ese espazo, que non probei porque non uso dropbox, sería utilizar owncloud/nextcloud e ligar a este servizo o servidor de dropbox. Así, si o teu owncloud/nextcloud está cifrado no servidor entón subiranse cifrados ao espazo en dropbox. De todas formas terías limitacións a hora de compartir ficheiros con outras usuarias.
Fonte: https://docs.nextcloud.com/server/13/user_manual/files/encrypting_files.html

Cifra no lado do cliente

O cliente é o teu ordenador.

En todo caso a mellor solución é o cifrado no lado do cliente con algún dos sistemas que os sistemas operativos teñen dispoñibles de serie ou con aplicacións externas como gnupg, encfs ou cryptomator.

Un par de ligazóns que atopei así rápido

https://linux.slashdot.org/story/18/08/10/2120248/dropbox-is-dropping-support-for-all-linux-file-systems-except-unencrypted-ext4

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.