La casa del callejón – David Mitchell

Título: La casa del callejón (Slade House – 2015)
Autor: David Mitchell

portada en inglés (slade house)
portada orixinal en inglés (web do autor)

Unha historia con casa encantada, varios planos temporais, desaparicións, … e ademáis unhas ánimas con motivación egoísta e depredadora.

Moi no estilo do autor, en esta novela encadea breves capítulos nos que un protagonista en cada ocasión nos conta os feitos que acontecen en tempo presente en Slade House, a casa protagonista.
De acceso restrinxido, oculto nunha rúa estreita e revirada, esta casa serve de centro de operacións para toda a trama. Máis que narrar, quizáis podemos dicir que o protagonista de turno describe, case de xeito desapaixoado, os feitos. Incluso podemos dicir que existe certo desapego, unha distancia hixiénica, con respecto do acontecido en algún dos narradores a pesar do dramático da súa situación.

Sen desvelar aquí as motivacións dos personaxes, baste dicir que un suceso estrano acontece cada nove anos, e durante varias décadas esos sucesos son narrados en primeira persoa por un dos protagonistas, non sempre o mesmo, dotando a novela de diferentes estilos e ritmos.

Cando comezas a pensar que quizáis o autor se está repetindo a si mesmo respecto do capítulo anterior, introduce pequenas variacións, ou perspectivas novas, ou información sobre os personaxes que permanecen constantes e son fío da novela, entón fai que a intriga te incite a continuar lendo.

A novela está ben escrita (traducida), acentuando como dicía a personalidade de ese narrador variable, utilizando unha linguaxe clara e fluída, sin enredarse en si mesma e facendo avanzar a historia pero ao mesmo tempo deténdose en detalles que aportan profundidade, contexto, a narración. Son esos pequenos detalles sobre política, costumes, historia,… que o autor vai utilizando e que completan o cadro de xeito sutil.

Non é unha novela longa, polo que enseguida te atrapa e xa estás rematando e desexando ler máis.

Haberá algo de este autor que non pague a pena ler?.

Do mesmo autor El atlas de las nubes.

Leches algún dos traballos de David Mitchell? Cal me recomendarías a continuación? Podes utilizar o cadro inferior para deixar a túa suxestión ou comentario e utilizar os botóns para compartir en redes libres.

Grazas por ler!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.