xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


Deixar un comentario

Festín de cuervos

Título: Festín de cuervos (2007) A feast for crows (2005)
Autor: George R. R. Martin

Cando comencei a ler este libro facía case un ano que rematara o anterior na serie e tiven que ler un par de centos de páxinas de Tormenta de espadas para saber quén era quén máis que lembrar a trama. Non é esta desas series de libros que podes ler calquera deles de xeito independente. Presupoño que todo o mundo sabe que este é o penúltimo, ate a data, da serie Canción de Hielo y Fuego [wikipedia ENG].

Sinceramente, creo que o autor meteu moita palla neste libro, non é que nos outros non sobrase nada, pero neste tes a sensación esa que deben ter os editores e montadores das películas de cine cando teñen que eliminar escenas que si, que están ben, pero non aportan nada a trama e ao ritmo. En moitas pasaxes do libro quedas con esta sensación de redundancia.

Está ben escrito, non aburre e ao deterse máis tempo do habitual con certos personaxes permíteche que comprendas mellor as súas motivacións, a súa personalidade e sobre todo a súa lóxica de actuación. Seguir lendo


Deixar un comentario

Game of Thrones S02

Hai uns días que foi emitido en España o último capítulo (10) da segunda temporada da serie Game of Thrones (Xogo de Tronos).

Non escribín nada a cerca desta serie antes de que rematase para obter unha visión de conxunto, pero o problema que teño é que, a pesar de estar presente na emisión de tódolos capítulos, non sei se realmente a vin. Explícome. Seguir lendo


Deixar un comentario

Game Of Thrones S02 Casting

En estos libros si algo hai son personaxes novos cada dez páxinas. Así que a empresa encargada de filmar a serie para a televisión está a darlle traballo a moita xente.

Who's this girl? Melisandre.

Cando les os libros creas unha imaxe de cada personaxe un tanto difusa, algo así coma velos a través dun velo. Tes unha imaxe moi nítida da súa personalidade e o que podes esperar del, se o escritor fai ben o seu traballo, pero físicamente a veces costaríache describilos. Polo tanto, cando ves materializarse un personaxe a veces levas unha grande sorpresa.

Stannis Baratheon

As imaxes de arriba son dos actores escollidos para importantes protagonistas do relato, ainda que o aspecto que terán non será ese, sobre todo ela, que puxen esa imaxen porque o que nela se ve non se verá na pantalla, espero.

Levan uns meses filmando en Irlanda os capítulos desa segunda temporada, dende os últimos días de xullo, que se corresponde con libro Choque de Reyes [A Clash of Kings]
[Visto aquí]

Edito: Máis incorporacións.
Edward Dogliani como “Casaca de Matraca” (Rattleshirt) anunciado polo propio George R.R. Martin.

Casaca de Matraca

Algúns máis visto aquí.

Margaery Tyrell


e tamén

Other Game of Thrones: Season 2 cast includes:

Stephen Dillane (John Adams, King Arthur) as Stannis Baratheon and Carice van Houten (Repo Men) as Melisandre. More additions include Liam Cunningham (Camelot) as the onion knight Davos, Natalie Dormer (The Tudors) as Margaery Tyrell, Gwendoline Christie as the knight Brienne, Nonso Anozie as a merchant prince, Tom Wlaschiha as the assassin Jaqen H’gar, Roy Dotrice as a pyromancer, Oliver Ford Davies as Maester Cressen, a maester in service to Stannis Baratheon, Ben Crompton (“Man Stroke Woman”) as Dolorous Edd of the Night’s Watch, and Gemma Whelan as the axe wielding Yara Greyjoy.

visto aquí.


Deixar un comentario

GameOfThrones Title Theme + extras

Visto aquí http://paper.li/GameOfThrones

Versións do tema musical principal da serie. Cal prefires?





e pódense ver moitas máis, algunhas moi friquis de nuestro señor.

Por agora hai que seguir esperando…

pero podemos ir vendo anaquiños coma éste


Tyrion in da house!! Personaxe principal, supoño que tamén na serie, desta segunda temporada.

.The night is dark and full of terrors.



Esto está quedando largo, pero falando de frikis, vexamos a opinión de Hitler a cerca de certo acontemento trascendental na serie. Atención!!! Se non leechelos libros ou non viches a serie, quizáis non deberías ver o vídeo 😉