xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


Deixar un comentario

El huérfano – Adam Johnson

Título: El HuérfanoTítulo orixinal: The orphan master’s son (2012)
Autor: Adam Johnson

El huérfano, Adam Johnson

El huérfano, Adam Johnson


Pak Jun Do é o protagonista principal de esta historia narrada en primeira persona. Trátase de unha novela de ficción, de unha historia inventada, ambientada na República Popular Democrática de Corea nun pasado recente. É importante remarcar que se trata de unha novela de ficción pois, debido ao hermetismo propio do rexime político de ese país, o descoñecemento do mesmo fai que de un xeito doado poidamos confundir a información que é descriptiva da que é pura invención. Se facemos caso ao que se escribe sobre ese país, é comprensible dar verosimilude a sucesos macabros que se describen no libro.
Cando temos referencias ou coñecemento de un contexto, habitualmente podemos diferenciar ficción de realidade. Aquí estamos influídos polo que os medios de información nos contan ao respecto, e practicamente de xeito unánime non se pode calificar máis que de un réxime despótico e homicida para co seu propio pobo. Seguir lendo


Deixar un comentario

Para hacer un maratón no hace falta nada más, por @JcbBenicassim | cualquierapuedehacerlo.es

ole tú!

ligazón a esta historia

Para hacer un maratón no hace falta nada más, por @JcbBenicassim | cualquierapuedehacerlo.es.

Joaquín tiene 60 años y hace pocos años para correr una carrerita de 10 km necesitaba unas zapatillas muy amortiguadas (las estándar para 90 kg de peso), plantillas, pantorrilleras de compresión, calcetines, faja lumbar y cinta rotuliana para retrasar lo más posible su dolor de rodilla, aunque este siempre aparecía tarde o temprano. Hoy en día es capaz de correr 2 maratones en el mismo mes necesitando nada más que una camiseta, un pantalón y un dorsal…
Correr descalzo no hace milagros, pero a veces ayuda a conseguir cosas que no creías posible. Os dejo con el relato de Joaquín (para el que no lo sepa, era el “otro” en esta magistral y delirante crónica de ese mismo maratón que escribe Benjamín).

aquí os protagonistas


Deixar un comentario

La aventura de correr descalzo – Emilio Sáez Soro

Título: La aventura de correr descalzo (2014)
Autor: Emilio Sáez Soro

portada sacada da súa web

portada

Emilio Sáez narra en primeira persona cómo actualmente disfruta de unha actividade como é correr a pe tras pasar un período de penurias arrastrando lesións recurrentes, dores, medicación, próteses,… durante anos e que irremediablemente o estaban levando a ter que abandonar unha actividade que realizaba desde cativo.

En esas circunstancias desesperadas trabou coñecemento de que había xente que corría de outra forma, lonxe dos cánones actuais, cando menos heterodoxa, pero que propoñían que se podía correr con saúde e igoal de rápido ou lonxe pero… descalzo (ou coa mínima protección).

No libro vai describindo a súa evolución desde uns inicios modestos ate correr un maratón, que é un símbolo universal de realización personal para un corredor. Esta meta é cativa, o importante son as posibilidades que se lle abren a o autor de poder seguir disfrutando con saúde de unha das cousas que máis alegría lle proporcionan.

Intercala o autor experiencias propias que utiliza para exemplificar erros comúns así como éxitos intermedios no que supón o camiño hacia poder correr descalzo con naturalidade. Non dogmatiza nin pretende sentar cátedra, como tampouco establece un método ou pauta a seguir, se non que conta cómo lle foi a el ofrecéndose de exemplo pero remarcando que esta transición debe ser personalizada e adaptada as circunstancias de cada persona.

Para alguén que comparte moitas das súas experiencias, gustoume ver reflexadas anécdotas a cerca de cómo te sintes pero tamén a cerca de cómo te ven e a interacción con outros corredores que utilizan o calzado habitual. En este sentido o libro está salpicado da opinión personal de varios corredores minimalistas/descalzos que aportan matices diferentes sobre o descalcismo.

Non é necesario estar lesionado ou enfermo para plantexarse correr descalzo ou polo menos valorar diferentes puntos de vista que poden resultar beneficiosos para a nosa saúde. Calquera de nos está capacitado para correr, estamos equipados con todo o necesario, sendo só necesario ser conscientes de que os obxetivos deben ser realistas e nun plazo razonable. O primeiro paso é levantar o cu do sofá e andar, despois xa poderás correr, pero levántate!

Emilio en google+ ; en twitter @evocion