xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


2 Comentarios

Asics Gel-Hyper33

Este fabricante súbese ao carro do natural running, minimal running, ou como lle queiras chamar. Como dixen nun artigo anterior, a filosofía ou xeito de encarar a carreira a pé está a sufrir nos últimos anos un xiro cara o minimalismo (zero drop, no cushioning) ou levado ao extremo cara o correr descalzo (barefoot running).

A liña 33 de Asics fai referencia as 33 articulacións do pé, e caracterízase pola mínima caída (drop) que os “enxeñeiros” do fabricante viron (agora!!) que ten un valor óptimo de 1cm. Nesta liña hay un modelo con máis amortiguación (o excel33) e un máis lixeiro (Volt33). Eu pillei éste porque costaba 30€ menos e era máis bonito. As decisións importantes precisan reflexión e fundamento razonado 😛 . Na web di que ten menos amortiguación dianteira que o excel33, non atopei outra diferencia significativa.

Asics Gel-Hyper33

Asics Gel-Hyper33

O primeiro ao abrir o paquete (merqueino por internet) foi que se confirmou que eran bonitas (para o meu gusto). Azul marino con cordóns laranxas. Os cordóns atan moi ben, ainda que son algo cortos para o meu empeine. O entramado ou malla superior é como de goma (a ver o que dura) e a tela é como espumosa. Estos de Asics (como o resto de fabricantes) son capaces de experimentar con esta “cuberta” e para o ano “optimizar” o deseño poñendolle unha tela normal. Que xa nos conñecemos!!. A zona do talón parece suave, estable, cómoda o cal me virá ben para o meu delicadito tendón de aquiles esquerdo.

O piso das zapatillas. Clica para ampliar

Parte inferior. Ver en gris o sistema de "axuda" ao impulso

O primeiro día só saín a trotar uns 8 quilómetros pois pretendo ir incrementando pouco a pouco a distancia tras os problemas que tiven hai algo máis de un mes por probar unhas zapatillas minimalistas de verdade. Qué problemas? Seguir lendo