xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


Deixar un comentario

El síndrome E

Título: El síndrome E (2010)
Autor: Franck Thilliez

Portada

Portada

El síndrome E é a novela anterior a Gataca e aínda que nesta última se fai referencia a certos acontecementos de El síndrome E, pódense ler de xeito independente pois non teñen unha continuidade argumental, só as unen dous protagonistas e a súa relación personal (ademáis de certo interese na orixe da violencia).

Trátase dunha novela na que o autor nos leva da man de dous policías no intento de resolver uns crimes acontecidos no tempo presente e que gardan relación con outros de décadas atrás. O xeito en que ambos sucesos se relacionan e os nexos de unión entre os diferentes malos é o que mantén o interese da novela.

O autor tira dunha teoría pseudo-científica, en principio inventada por el, para fundamentar toda a trama. Digo esto para que nadie lle empeze a fervela cachola con conspiranoias 😛

Opinión: durante a novela imos lendo cómo se van sucedendo os acontecementos e cómo os policías van tirando do fío para encadear as pistas que leven a súa resolución, pero neste final, nesta resolución, quizáis acontece todo dun xeito precipitado e con menos explicacións das que o autor nos daba ao comezo do libro. Esto contribúe a que te perdas un pouco nas argumentacións e explicacións que se dan. É posible que este fose o efecto buscado polo autor. E refírome a velocidade, non a confusión.

Con todo é un libro doado de ler, sen pretensións de grandeza (cousa de agradecer) e case sempre sen florituras innecesarias. Que estexa ambientado, maiormente, en Francia pois agradécese. Non porque lle teña moito cariño aos franceses ¬_¬ , se non pola sensación de estar “en outro sitio”, de “coñecer mundo” 😀

Resumindo: trata sobre la violencia, o xeito en que se xera ou desencadea e as ansias de querer domeñar (controlar, dirixir) esa violencia. Algo así coma o lume.


1 comentario

Lido: Gataca

Título: Gataca (2011)
Autor: Frank Thilliez

Gataca, Portada.

Esta novela de “policías” trata sobre a investigación de varios crimes de gran crueldade onde os resposables directos comparten certas características que se van revelando no transcurso do libro. Non é difícil intúir, polo título do libro, que esas características son xenéticas.
O autor fai uso de elementos de base científica para ligar os elementos da trama e introducirnos nun mundo onde os personxes deben lidiar con tales complexidades.

Esta novela pódese considerar a continuación de O síndrome E (que eu non lin, que XA lin a posteriori) pero tal como indica o autor, pódese ler e entender sen ter lido a primeira. Os personaxes principais arrastran os problemas xurdidos no primeiro libro e incluso se pode dicir que algunha trama remata en este.

Para aclarar esta relación entre os libros e a xeito de resumo dos mesmos, o autor escribe ao final do libro…
Escribir este díptico deume a ocasión para reflexionar a propósito do tema da violencia. ¿De ónde procede? ¿En qué se fundamenta, as súas orixes profundas? ¿Pode afectar a calquera e en calquer momento? O síndrome E interésase particularmente pola violencia na nosa sociedade contemporaánea e no xeito en que se extende entre os individuos do planteta, deixando de lado, voluntariamente, o factor cronolóxico. Eu calificaría ese procedemento de “vertical”: dilución no espazo e non no tempo. Con Gataca quería enfrontarme ao outro eixo, o eixo horizontal ou cronolóxico, que abarca varios milenios. ¿Cómo evoluíu a violencia desde os primeiros homes ate a nosa civilización moderna? ¿Por qué medios se propagou? ¿Xenéticos ou culturáis?

Na miña opinión o libro mistura de xeito acertado o nivel de complexidade científica que atrae pero non aburre, as tramas propias de policías cos seus problemas e as típicas loitas internas, as loitas de egos, e sobre todo os problemas personáis que teñen os personaxes e que en boa medida teñen a súa orixe en O síndrome E.

Foi agradable de ler e sínteste atrapado xa desde o tráxico inicio do libro, polo que probablemente lea nun futuro a primeira parte.
******

***********
Este libro NON ten nada que ver coa película de nome parecido de 1997 chamada Gattaca