xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


Deixar un comentario

La música del silencio – Patrick Ruthfuss

Título: La música del silencio (2014) The Slow Regard of Silent Things
Autor: Patrick Rothfuss

portada


Auri é un dos personaxes secundarios presentes en Crónica del asesino de reyes [1 e 2] pero aquí aparece como protagonista absoluta do relato. Estamos con Auri, unha rapaza nova (sobre esto empezo a dubidar) de aparencia fráxil que vive na Subrealidade, compartimos con ela uns días. Literalmente asistimos a súa vida en ese lugar e no relato poderíase dicir que non acontece nada. Non é unha historia convencional se non que somos partícipes de Auri, nin máis nin menos. Auri resulta conmovedora, con unha historia chea de ternura e que transmite o coñecemento profundo que Auri adquireu do mundo, semella coñecer o nome das cousas.

Non divago, simplemente este libro transmite a esencia de Auri, se non a coñeces, se non sabes onde vive, quén é el, entón terás dificultades engadidas para entender e apreciar o que significa este libro, por eso entendo recomendable ter lido os libros de Crónica del asesino de reyes. O propio autor advirte da heterodoxia de este relato, das dificultades e dúbidas que tivo para escribilo pero tamén da boa acollida que, sorpresivamente, tivo entre as personas que o leron.

A min personalmente deixoume unha sensación agradable estar con Auri. Este relato pode considerarse un spin-off da saga referida, que axudaría ter lido, pero que en nada contribúe ao desenvolvemento nin aporta condimentos a trama da mesma, pódese ler de xeito independente e quizáis se considere como un relato onírico, como un acceso a unha realidade alternativa na mente de unha rapaza solitaria e anoréxica.

Agárdase que sexa publicada en agosto de 2015 a terceira parte, e derradeira, da Crónica. Toca agardar un pouco máis…

quién espera…


1 comentario

Lido: Crónica del Asesino de Reyes

Títulos: El nombre del viento e El temor de un hombre sabio
Autor: Patrick Rothfuss

Crónica del Asesino de Reyes fai referencia a historia de Kvothe. Ate o momento están publicados os dous primeiros libros de dita crónica. Esperei a rematar de ler os dous libros para escribir unha opinión conxunta. Seguir lendo