xm@gz

Runners spend a lot of time in their heads.


Deixar un comentario

En busca del unicornio

Título: En busca del unicornio (Premio Planeta 1987).
Autor: Juan Eslava Galán

Portada

Portada


Hai libros que se escriben por encargo (incluso é probable que este entre nesa categoría) e outros que se leen por encargo, e así foi no meu caso, pois é o libro do mes no clube de lectura de @zonaereader.

Cando as vinte primeiras páxinas dun libro se me atragoan, non as entendo e teño que ler un par de veces cada frase para comprender o que o escritor pretende dicirme, entón, éntrame a dúbida de si debo seguir con ese esforzo e continuar lendo. Visto con perspectiva, esa sensación inicial probablemente se debía ao estilo escollido para contar a historia xunto coas miñas limitacións intelectuais.

O autor narra en primeira persona, a xeito de crónica, o acontecido anos atrás durante unha misión encargada polo rei Enrique IV de Castela: ir ao país dos negros e traer o corno dun unicornio. Seguir lendo


Deixar un comentario

Saxóns, Vikingos e Normandos.

Títulos:

  • Svein, el del caballo blanco (The Pale Horseman, 2005).
  • Los señores del norte (The Lords of the North, 2006).
  • La canción de la espada (Sword Song, 2007).
  • La tierra en llamas (The Burning Land, 2009).

Autor: Bernard Cornwell

Tras ler Northumbria, el último reino, seguín lendo a serie e publico agora aquí unha pequena reseña e opinión.

Svein, el del caballo blanco
fíxoseme longo. Pero os seguintes resultaronme máis amenos e entretidos. Publico unha única entrada sobre eles porque o único que cambia é que os personaxes principais se van facendo vellos e teñen que ir asumindo as cargas derivadas dos seus actos.
Como digo, o segundo da serie non é o mellor, pero nos seguintes parece que o autor se centra máis en dous ou tres sucesos, acontecementos históricos, por libro e así non despista ao lector con excesivos nomes de lugares e personaxes secundarios.

A serie resulta entretida de ler e agradécese Seguir lendo